www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 14 de Novembro de 2019

O plan de emprego "Redondela VIII" formará a cen persoas desempregadas
Institucional • 6/02/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Os participantes na iniciativa están a recibir formación específica para desempeñar labores de carretilleiro, xestión de almacén, operario de produción, dependente de comercio, caixeiro de supermercado, guía turístico e de limpeza industrial, entre outros. O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, visitaba este martes aos alumnos e alumnas deste programa formativo que a Xunta financia con 208.000€.


O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, visitou este martes aos alumnos e alumnas que están a formarse no Programa Integrado de Emprego (PIE) Redondela VIII, unha iniciativa cun ano de duración e cun obxectivo de inserción laboral que supera o 40%. A Consellería de Economía, Emprego e Industria financia ao 80% esta iniciativa, a través dunha axuda de 208.000 euros. En total, están a participar 100 persoas desempregadas, principalmente menores de 30, maiores de 45 anos e persoas con capacidades diferentes e/ou en risco de exclusión social.


Marnotes salientou o bo resultado dos programas integrados que teñen como reto principal incrementar as oportunidades laborais dos desempregados a través da formación, o asesoramento e as prácticas en empresas da contorna. Neste senso, sinalou a aposta da Administración autonómica por plans que combinen formación e prácticas dando resposta a un modelo de formación dual e flexible para acadar un emprego de calidade.


A través do Redondela VIII estase a ofrecer formación específica para desempeñar labores de carretilleiro, xestión de almacén, operario de produción, dependente de comercio, caixeiro de supermercado, guía turístico e limpeza industrial, entre outros. Tamén se imparte cualificación transversal en informática, manipulación de alimentos, prevención de riscos laborais e idiomas.


Nesta edición do programa priorizouse por primeira vez aos Concellos Emprendedores, os que forman parte do convenio que a Xunta asinou coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para impulsar en Galicia o desenvolvemento de novos proxectos industriais, como é o caso de Redondela.


Para rematar, o director xeral salientou a importancia de adaptar as cualificacións aos perfís profesionais que precisan as empresas para competir, crecer e xerar emprego de calidade. Neste senso, destacou a cooperación entre a Xunta, concellos e entidades para acadar o máximo proveito dos programas integrados de emprego.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: