www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 18 de Outubro de 2019

A Deputación ve "mala fe" na negativa do concello a ceder o Multiúsos para unha presentación
Política • 5/02/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O goberno provincial cualifica de "sectarismo do PP" a negativa do alcalde a ceder o multiúsos para a presentación do libro "8 olladas da folga feminista do 8-M" que fora aprazada para este xoves para non coincidir co pleno municipal da semana pasada. Finalmente a Deputación traslada a presentación ao Convento de Vilavella este xoves ás 20:00 horas.


As críticas xorden ante o comunicado do alcalde Javier Bas que a Deputación recibía este luns "comunícannos por sorpresa a súa negativa a que a presentación se celebre este xoves, aducindo o cambio de data do pleno "casualmente" para ese mesmo día" malia que con anterioridade si lle tiñan concedido este espazo. O goberno provincial cualificou de "incomprensible este cambio de actitude, tres días antes do acto, que xa está anunciado e difundido á opinión pública, cando ademais hai máis salas libres no Multiusos".


Ante esta situación o goberno da Deputación decidiu trasladar a actividade ao Convento de Vilavella onde terá lugar este xoves ás 20:00 horas a presentación do libro "Oito Olladas da Folga Feminista do 8-M", dentro da xira que as súas oito autoras están a realizar pola provincia. Un evento que contará coa asistencia das autoras, da editorial e da presidenta da Deputación, Carmela Silva.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: