www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 20 de Outubro de 2019

Chapela e Teis volven á rúa
Sociedade • 4/02/2019
Autor: M. X. Queimaliños

As asociacións de veciños tanto da parroquia de Redondela como a de Teis amósanse fartas de tanta espera. Máis dun ano despois dende que Fomento se comprometera a suprimir a peaxe en Rande as cousas non só non mudaron senón que os usuarios deste tramo da AP-9 teñen que pagar máis polo seu uso. En punto morto segue a súa petición para que se avance na conversión en vía urbana o tramo de autoestrada entre Torres de Padín e o centro da cidade de Vigo e tampouco se acometeron os compromisos recollidos na adenda asinada por Fomento e Audasa.


As peticións dos veciños de Chapela e Teis son claras: supresión da peaxe, que se converta en vía urbano libre de pago o tramo da AP-9 que vai dende as Torres de Padín ata o centro da cidade, que se instalen as pantallas prometidas para paliar a contaminación acústicas e que se cumpran os compromisos recollidos na adenda.


Unhas demandas que trasladarán a rúa o vindeiro día 23 cunha manifestación convocada polas Asociacións de Veciños co obxecto de acadar o maior respaldo posible. Explica o presidente da Asociación de Chapela, Marcial Pérez que "para conseguir maior adhesións é necesario desvincular a convocatoria dun goberno dunha única cor, nós apoiamos e traballamos na recollida de sinaturas que promove o concello de Redondela pola supresión da peaxe, pero as nosas demandas son máis e esperamos sumar o apoio doutros concellos, da oposición e de todos os veciños independentemente da súa ideoloxía".


A marcha reivindicativa celebrarase o sábado 23 ás 18:00 horas cons saúda dende as Torres de Padín ata a rotonda da peaxe. En total 2,5 kilómetros para facer visibles novamente as súas demandas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: