www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Abril de 2019

Un gol que vale tres puntos
Deporte • 4/02/2019
Autor: Ana Prieto

Triunfo pola mínima do Choco sobre o Laracha. Malia non facer excesivos méritos, o equipo redondelán anotou o único gol do encontro, obra de Palmá. Na Primeira Galega gañou o Arcade e na Segunda empatou o Vilar e gañou o Cesantes. Mala xornada para os equipos de fútbol sala da bisbarra, xa que ningún puido sumar a victoria. E no balonmán triunfos para o BM. Chapela feminino e masculino.


 


Terceira División


Choco 1-0 Laracha


Triunfo pola mínima do Choco sobre o Laracha. Non fixo excesivos méritos o equipo redondelán, pero o único gol de Palmás valeulle os tres puntos. Chegaban ao partido empatados a puntos os dous rivais. Con esta derrota o Laracha sitúase decimosegundo á finalización do encontro, mentres que o Choco é noveno. a un Laracha que dominou por completo a segunda metade aínda que sen inquietar a meta defendida por Cortegoso.


Os locais conseguiron porse por diante no marcador pouco antes da media hora de xogo. Foi grazas a un saque de esquina efectuado por Caloi que Gabri Palmás logrou cabecear no segundo pau para lograr o tanto que, ao cabo, acabaría decidindo o encontro. O gol facía xustiza a unha primeira metade igualada pero na que o Choco levaba a iniciativa. O Laracha limitouse a un lanzamento afastado de Boedo. Na segunda metade, os visitantes saíron cun xogo máis ofensivo, dominaron e pecharon aos de "Gonza", que buscaban sentenciar ao contragolpe. Pero o Choco resistiu sen problemas e o Laracha non creaba ocasións claras. Aínda tiveron ocasións de ampliar a vantaxe nun contragolpe que rematou lambendo o pau. Xa co tempo cumprido, o Laracha puido empatar, pero Nacho rematou ao lateral Manu Mosquera disparou fóra. A próxima xornada de liga enfrontará ao Choco contra o Racing C. Villalbés fóra de casa.


Choco: Cortegoso; Fariña (Yago Vázquez, min. 20), Xián, Aitor Cañedo, Caloi (David, min. 77), Óscar Comis, Gabi Misa, Gabri Palmás, Antón Vilas (Félix Rial, min. 64) e Carlos Cora.


Laracha: Costa; Víctor, David Jiménez, Iago Parga Perdomo, min. 86), Antonio López, Antón (Ignacio, min. 74), Iago Branco (Iván Martínez, min. 8), Sanda, Mosquera, Iago Novo e Boedo.



Gol: 1-0, min. 22: Gabri Palmás.


Primeira Autonómica



Arcade 4-2 Castrelos


Antolín foi o protagonista no Ou Salgueirón. O dianteiro local fixo os catro goles do seu equipo, remontando os de Gabri e Yago, de penalti. Os de Soutomaior soben ao 4º posto. O domingo visitarán o campo do líder, o Portonovo.


Segunda Autonómica



Atl.Vilar 1-1 Tomiño


Juanjo, de penalti, adiantou ao Villar na primeira metade, e logo viron como o colexiado anulaba o segundo tanto, nunha decisión moi protestada. No tempo de desconto, Álvaro aproveitou un balón parado para facer o gol do empate. Os de Mon Sanromán soben unha posición, son 9º, e teñen unha saída complicada a próxima xornada. Visitan o campo do Chaín, 4º do grupo.


Caldas 2-4 Cesantes


O Cesantes trouxo os 3 puntos do Caldas nun partido moi disputado. Son 12º, e na próxima xornada reciben ao Moraña, 2º do grupo.


Tercira Autonómica



Val Miñor 1-0 Chapela


Un único gol de Gameiro deu os tres punto aos anfitrións, que manteñen o liderado. Fixo méritos o Chapela para merecer máis, sobre todo na segunda parte, pero estivo falto de acerto. O Chapela, que mantén o 4º posto, volve xogar fóra. Visita ao S.Miguel, qu eé 6º, a tres puntos dos redondeláns.


Oiense 1-2 Nespereira


O Nespereira fíxose co duelo no pozo da táboa e impúxose no campo do pechacancelas. Na próxima xornada reciben a un dos equipos fortes do grupo, o S.Esteban, 3º do grupo.


Soutomaior 8-0 Cobres


Tres goles de Davicín, dous de Reborido, xunto aos de Borja, Álex e Barbosa, sumaron a goleada dos locais. E puideron ser máis con varios tiros ao pau de Davicín, que xa suma 22 dianas. O Soutomaior vmanteñen o 2º posto da táboa, e o domingo mediranse ao líder en Pontecaldelas, que suma 3 puntos máis.


Fútbol Sala Terceira División



Carballiño F.S.4-2 Campito


Mala xornada para os equipos de fútbol sala da bisbarra, xa que ningún puido sumar a victoria. Os de Chapela perderon co Carballiño, e regresan a postos de descenso. Na próxima xornada volven xogar fóra, na pista do F.S. Bueu, 7º do grupo.


Pazos 2-4 Estrada Futsal


Os de Fran Amoedo manteñen o liderado do grupo, pero con menos vantaxe sobre os perseguidores, logo dunha inexplicable derrota ante o Estrada Futsal, o pechacancelas do grupo. Foi un encontro no que os locais nunca se sentiron cómodos e, malia poñerse por diante no marcador 2-1 os visitantes conseguiron darlle a volta ao partido e levar os tres puntos de Pazos. A vindeira semana volvens xogar en Pazos, reciben ao GRI Carballiño, segundo clasificado a tan só 1 punto de distancia dos de Amoedo, logo da vitoria sobre o Campito.


Preferente Sur



Abetos Gondomar 8-2 Redondela Maramar


Abultada derrota do Redondela en Gondomar. O equipo local mantén o 9º posto, e a próxima xornada recibe ao Copefri Beade, 5º.


Balonmán División de Honra Prata Feminina



Cíes Obra Civil Chapela 23-21 Magope


Por fin o Cíes Obra Civil Bm. Chapela conseguiu inaugurar o seu marcador coa primeira vitoria da temporada, malia que non lles permite abandonar o último posto da táboa. Na próxima xornada viaxan a Canarias para medirse ao Zonzamas (9º)


SAR Rodavigo 15-18 CdC Lavadores


Unha mala primeira parte da SAR impediu recortar a distancia suficiente na segunda parte do encontro. As de "Chini" están no 8º posto, e a próxima xornada viaxan a Asturias para medirse a un Siero moi necesitado de puntos.


Primeira Nacional Masculina



OAR Coruña 20-35 Rodosa Chapela


O Rodosa Chapela segue na zona alta da táboa logo de ñar sen problemas a un OAR que se afunde un pouco máis na zona de descenso. O Rodosa defenderá a 5ª praza do grupo en Chapela ant eo Xixón (8º).


Primeira Autonómica



Culleredo -SAR PlasticOmnium aprazado


Na próxima xornada o equipo de autonómica reciben en Redondela ao C.Ourense, que é 7º.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: