www.radioredondela.com | Hoxe é Mércores, 20 de Febreiro de 2019 |
Agustín Reguera repetirá como candidato á alcaldía de Soutomaior
Política • 4/02/2019
Autor: M. X. Queimaliños O comité local do Partido Popular de Soutomaior aprobou por unanimidade propor a candidatura de Agustín Reguera á alcaldía de Soutomaior. Con este anuncio, o actual alcalde confirmou ter a confianza das executivas local e provincial para repetir como candidato e tentar revalidar unha alcaldía que leva ocupando dende o ano 1995. "Fágoo por responsabilidade e vocación de servizo aos meus veciños" explicou Reguera, que afirmou que "a actual lexislatura aínda non terminou, aínda quedan catro meses de intenso traballo por diante para demostrar que somos a mellor opción para Soutomaior". Do mesmo xeito, o alcalde destacou que nesta lexislatura cumpriu co que foi o seu gran obxectivo durante varios anos e a súa maior promesa electoral, o instituto público. Agora o obxectivo é seguir traballando e mellorando en sanidade, emprego e en todo o que Soutomaior necesite, finalizou Reguera.
|
Comentarios |
|
|