www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Agosto de 2019

Suspenden o pleno ao caer enfermos varios concelleiros do grupo de goberno
Política • 31/01/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A sesión ordinaria que se ía celebrar ás 20:00 horas de hoxe foi finalmente posposta ao causaren baixa varios dos concelleiros do grupo de goberno. A Plataforma de Activistas e Artistas "Sinha Paca" acordou tamén adiar a concentración que tiñan convocada para esta tarde ás portas do Multiúsos para denunciar "o deterioro da política cultural de Redondela". Tanto o pleno como a concentración quedan adiados ao vindeiro xoves día 7.


Un total de catro concelleiros do grupo de goberno non podería asistir á sesión de hoxe logo de caer enfermos de gripe. Unha situación que levou a suspender o pleno previsto para as 20:00 horas de hoxe e pospoñelo para o xoves da vindeira semana, o 7 de febreiro.


Un cambio que arrastra tamén novidades en canto a protesta convocada para hoxe pola plataforma Sinha Paca. O colectivo acordou adiar a súa convocatoria atendendo a que a data elixida era precisamente porque no pleno está previsto que se debata unha moción na que solicitan ao goberno local que inicie un diálogo cos colectivos e asociación culturais de cara a reconducir a política cultural no concello logo de que varios festivais se tiveran suspendido "polos atrancos e a falta de apoio da institución municipal".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: