www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 25 de Xuño de 2019

Redondela impulsa a contratación de 23 persoas
Institucional • 31/01/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O persoal contratado traballará durante 5 meses en diferentes áreas municipais como son Servizos Sociais e Obras. Estas contratacións financiaranse a través do Plan Concellos da Deputación Provincial e terán unha duración de cinco meses. A selección de candidatos realizarase a través do Servizo Público de emprego da Xunta.


Co obxectivo de impulsar a creación de emprego na vila e contribuír á economía local, o Concello vén de decidir que as achegas da subvención se invistan na contratación de persoal. Crearanse así 23  postos de traballo cunha duración de cinco meses que estará distribuídos da seguinte maneira: 6 peóns desbrozadores, 4 varredores, 2 axudantes de servizos en actuacións eléctricas, 5 guías turísticos, 2 traballadores sociais e 4 axudantes de servizos de pavillóns. Todos eles traballarán durante un período laboral de 5 meses. A súa actividade estará orientada principalmente ao reforzo de áreas importantes como son Servizos Sociais e Obras e o persoal contratado cobrará a mesma cantidade que cobra un traballador do Concello na mesma categoría profesional.


A contratación do persoal está prevista para o primeiro semestre do 2019. Aínda así, para iniciar o proceso de selección, que se fará a través do Servizo Público de Emprego da Xunta de Galicia en Redondela, o Concello está á espera da resolución e aprobación da axuda solicitada.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: