www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 14 de Novembro de 2019

Ximnasia para mellorar a saúde física e mental
Sociedade • 29/01/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Os "adultos maiores" é dicir, as persoas de máis de 60 anos son o público obxectivo da actividade que organiza Servizos Sociais e que busca que este sector da sociedade conte cun espazo no que facer exercicio físico axeitado a súa idade e as súas características particulares. O prazo de inscrición remata o 31 de xaneiro e debe formalizarse nas Oficinas de Servizos sociais.


O sedentarismo é un dos grandes problemas aos que se enfrontan as persoas maiores, que ven mermada a súa forma física moitas veces non por problemas de saúde reais senón por non exercitar o seu corpo. Co obxecto de promover un envellecemento activos tanto físico como mental, dende o departamento de Servizos Sociais ponse en marcha este programa de ximnasia en movemento que será impartido por Silvia Varela, licenciada en ciencias da actividade física e do deporte e especialista en programas orientados a adultos maiores.


Será a encargada de planificar os exercicios así como deseñar tarefas específicas dependendo das particularidades de cada usuario.


A idea é ofrecer máis opción aos maiores de 60 anos que se atopan activos fisicamente axudándoos cunha ximnasia específica a mellorar a súa motricidade, coordinación e memoria.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: