www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 24 de Abril de 2019

A candidata do PSOE, Digna Rivas, visita as parroquias para coñecer as súas demandas
Política • 28/01/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Nos últimos días a cabeza de lista do PSOE por Redondela visitou as parroquias de Cabeiro e Negros para manter unha xuntanza co tecido asociativo e coñecer, sobre o terreo, os principais problemas que teñen os veciños e veciñas. Antes das xuntanzas cos colectivos, a candidata socialista percorreu distintos lugares de ámbalas dúas parroquias onde, veciños e representantes de colectivos, explicáronlle ás demandas máis urxentes.


Tanto en Cabeiro como en Negros, logo de realizar unha visita á parroquia coñecendo in situ os seus problemas máis urxentes, mantivo unha reunión con representantes dos diferentes colectivos para coñecer as súas principais preocupacións.


Non se trata, aseguroulles Digna Rivas, de "prometer o imposible e logo esquecerse ou dar largas, como fai o alcalde Javier Bas, senón de estudar de xeito serio, detallado e, sobre todo, realista, os principais problemas, analizar a súa urxencia e ver o que realmente se pode levar a cabo".


A candidata do PSOE transmitiulles aos representantes veciñais, tanto de Cabeiro como de Negros, a súa intención de desenvolver un programa de traballo "organizado e estruturado" para incluír nel "as actuacións que realmente se poidan levar a cabo de cara a conseguir que as parroquias teñan garantidos servizos básicos de calidade".


A candidata expresou o seu convencemento de que, parroquias e Concello, teñen que traballar da man, e de xeito planificado, co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas do rural.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: