www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 23 de Setembro de 2019

Teatro en Chapela para grandes e cativos
Cultura • 25/01/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiúsos do Piñeiral acolle esta fin de semana dúas citas teatrais enmarcadas na programación cultural do Concello. A primeira das citas será o sábado ás 20:30 horas cunha nova proposta do ciclo de teatro afeccionado: a actuación do grupo de teatro Atlántida de Matamá e a súa versión de "O enfermo imaxinario" de Moliere. O domingo será coa compañía o Titiribaile e a obra infantil "A sala de Catapumchimpúm" ás seis da tarde.


A monologuista Erica González será a encargada de conducir a única das obras que o I ciclo de teatro infantil despraza a Chapela. presenta o espectáculo "A sala do Catapumchimpum", o domingo 27 ás 18:00 horas con entrada a 3 euros.


Previamente, o sábado ás 20:30 horas subiranse ao escenario os integrantes do grupo de teatro da Sociedade Atlántida de Matamá para presentarnos a Argán, un vello rico, hipocondríaco e egoísta que quere casar a súa filla Angélica co sobriño dun médico, pola súa propia conveniencia. Así arranca esta nova adaptación da obra de Moliere "O enfermo Imaxinario".


Unha actuación de balde enmarcada no ciclo de teatro afeccionado que organiza a Asociación cultural e social da parroquia.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: