www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Abril de 2019

Recollida de firmas on line contra a peaxe de Rande-Cabanas
Institucional • 25/01/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Entra en funcionamento a páxina www.bastapeaxerande.org para recoller firmas contra a peaxe. O obxectivo é incrementar o número de persoas que asinen esta petición que xa está a disposición dos veciños de xeito presencial en diferentes puntos do municipio. O concello trasladará estas firmas a Fomento na reunión da comisión mixta de Xunta e Ministerio en Madrid na que teñen previsto estar presentes.


Dende o concello destacan a necesidade de promover a protesta tamén nas redes sociais. Os usuarios poden asinar a petición en papel nos edificios públicos do Concello ou a través dunha páxina online que se prolongará ata o vindeiro 6 de febreiro. Durante este tempo, os cidadáns que desexen participar na protesta poderán facelo tanto a través de Internet como de xeito presencial.


Ademais, participan nesta iniciativa entidades da vila como a Asociación de Empresarios de Redondela e os distintos establecementos comerciais e hostaleiros.


Nos próximos días, está previsto que o Concello organice a seguinte xornada de manifestación que, previsiblemente será unha protesta en moto pola ponte de Rande.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: