www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 20 de Febreiro de 2019

Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona para conmemorar o "50 aniversario" das Bibliotecas
Cultura • 24/01/2019
Autor: M. X. Queimaliños

As Bibliotecas Municipais de Redondela continúan coas celebracións en torno ao seu medio século de vida e fano cunha proposta orientada ao público familiar, un concerto a cargo da " Uxia Lambona e a Banda Molona". A cita será este venres ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira con entrada de balda, previa retirada das invitacións que estarán a disposición do público dúas horas antes do inicio da función.


Esta banda de música infantil recolle os clásicos populares galegos dándolles o sue toque particular, desde A Carolina rapeada ata El Jato rockero, pasando por outros moitos temas tradicionais, todos eles moi dinámicos, facendo que os nenos participen cantando, xogando e bailando.


Así mesmo, no acto farase entrega do recoñecemento aos  Mellores Lectores Infantís do Ano 2018, que ten como obxectivo fomentar a lectura entre os pequenos e premiar aos usuarios máis activos no servizo de préstamo ao longo do ano 2018 nas bibliotecas de Redondela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: