www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 20 de Febreiro de 2019

Javier Bas promociona Redondela en FITUR
Política • 24/01/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O alcalde de Redondela participou no acto inaugural da feira de turismo que se celebra en Madrid ata o vindeiro domingo co obxecto de presentar o modelo de cidade así como os recursos turísticos e culturais cos que conta a nosa vila destacando aspectos como a Illa de San Simón, os areais de Cesantes e Arealonga ou o Camiño aos seu paso polo nosos concello.


O rexedor destacou a importancia da presenza de Redondela no acto pro ser unha oportunidade para presentar Redondela a todo o mundo e que se converta nun foco de atracción para os turistas.


Durante a xornada, Bas reuniuse coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e o Conselleiro de Turismo para promover o paso do Camiño de Santiago por Redondela e dar a coñecer a festa do Choco, evento gastronómico declarado de Interese Turístico de Galicia.


O alcalde salientou os diversos recursos turístico do concello como a Illa de San Simón e a enseada, os areais de Cesantes e Chapela e outros elementos do patrimonio cultural como o museo Meirande.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: