www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 5 de Decembro de 2019

O pleno aproba as medidas de prevención contra os lumes forestais propostas por AER
Política • 23/01/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) presentou a debate un conxunto de propostas que pasan por mellorar as condicións e medios de cara a actuar no caso de que se produzan incendios forestais na nosa bisbarra. Medidas que inclúen a mellora da dotación do servizo de emerxencias así como dotar de material básico de extinción ás comunidades de montes. Outra das propostas incide na necesidade de crear franxas verdes nos montes queservan de zona de contención dos lumes.


A mellora das dotacións do servizo de emerxencias para a extinción de incendios e a dotación de batelumes e mochilas de auga ás comunidades de montes son algunhas das medidas propostas que buscan dotar de material básico aos que traballan na contención dos lumes cando estes se producen.


Apóstase tamén pola creación de franxas verdes nos montes de cara a establecer as primeiras barreiras de seguridade no caso dun incendio forestal e que poidan servir de zona de ataque e contención do lume moito antes de que cheguen as zonas habitadas e a realización de accións formativas nas diferentes parroquias relacionada co eido forestal e a defensa e prevención de incendios forestais


A Agrupación de Electores considera que para que estas medidas teñan éxito, deberían implantarse coa colaboración, achegas e compromiso dos diversos actores implicados, xa sexan os servizos de emerxencia locais, as comunidades de montes e outras entidades de custodia do territorio como as comunidade de augas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: