www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Abril de 2019

O Multiúsos acolle as III Xornadas de atención á diversidade organizadas por Andaina
Sociedade • 22/01/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Unhas xornadas que nacían tres anos atrás e que buscan dar resposta a unha demanda que familias e mestres trasladaron a esta asociación sobre a necesidade de contar con actividades formativas en torno á diversidade e sobre como abordar a atención a nenos e nenas que presentan capacidades diversas. Nesta ocasión inclúen charlas de diversos temas e obradoiros sobre coaching emocional que se van desenvolver na xornada do sábado día 26 en horario de mañá e tarde. A inscrición, que ten un custe de 20 euros (10 euros reducida) pode realizarse a través do facebook e o blog da asociación Andaina.


A mestra Alicia Tojeiro será a encargada de abrir estas  xornadas coa charla "Contracorriente: a felicidade e o xogo coma éxito do método educativo", no que esta profesional afondará nun traballo que realiza día a día e que lle levou a ser unha das finalistas como mellor docente de España nos premios Educa Banca.


A continuación será a doutora en didáctica e organización educativa Fatima Doval quen impartirá a charla "Coidado a quen chamas discapacitado" abordando a necesidade de centrarnos nas capacidades e non nas discapacidades de nenos e nenas.


A profesora de educación secundaria no Instituto da Guía, Irene Ibarra será a encargada de abrir a tarde co tema "A conexión na aprendizaxe con disciplina positiva: aprender facendo". Unha charla que dará pasado xa aos obradoiros que se impartirán simultaneamente por Iago Santalla e Hadriana Ordóñez Outeiro.


Santalla orientará o seu taller nas competencias para a autonomía persoal orientado principalmente a persoas con discapacidade, mentres que o segundo obradoiro "Coidado e mimiños para nós" está máis pensado na figura do coidador e as familias e correrá a cargo da psicóloga Ordoñez Outeiro.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: