www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Abril de 2019

Chapela despide a Manuel González Soto
Deporte • 22/01/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Xornada emotiva a vivida onte no pavillón de Chapela para despedir ao que fora presidente e alma do club Balonmán Chapela nas últimas décadas, Manuel González Soto, quen falecía o pasado venres aos 69 anos de idade. Xogadores, directiva, amigos e veciños responderon á chamada do club que pedía que se acudirá a este último acto de homenaxe vestidos coa equipaxe do equipo "para despedir a Soto coas cores que o acompañaron durante toda a súa vida".


Unha emotiva homenaxe na que a familia estivo arroupada polas centos de persoas que se deron cita na instalación deportiva que leva o seu nome, logo de que así o decidirá o pleno municipal na sesión celebrada o pasado mes de novembro.


Tomaron a palabra o párroco, o alcalde de Redondela, Javier Bas, Rubén Gómez e Sandra Loureiro en representación dos xogadores que ao longo deste anos pasaron polo club baixo a dirección de Soto, e o adestrador e amigo Fran Teixeira, quen tamén nesta emisora lembraba ao que foi o seu compañeiro de alegrías a penas ao fronte do club chapeleiro "dicir Balonmán Chapela era dicir Soto".


Un acto que rematou coa comitiva que dende o pavillón se dirixiu a Igrexa onde se celebrou o funeral.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: