www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 20 de Outubro de 2019

Paxaretas organiza a charla "Prostitución e trata. Violencia sexual" coa activista Amelia Tiganus
Sociedade • 18/01/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiúsos da Xunqueira acolle este venres ás 20:00 horas un novo acto do colectivo feminista de Redondela no que se debaterá da prostitución. Un acto que arrancará coa proxección da película documental "La mujer invisible" para dar paso xa a intervención da activista Amelia Tiganus.


En primeiro lugar presentarase a proxección " La mujer invisible" da viguesa Noemi  Chantada, cámara e directora de fotografía e fundadora da produtora Islandia.  A continuación intervirá Amelia Tiganus, feminista e defensora dos dereitos humanos así como activista da plataforma Feminicidio.net.


A actividade está dirixida tanto a homes como a mulleres e a entrada é de balde ata completar aforo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: