www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Xuño de 2019

Charla de Miguel Anxo Seixas en torno á figura de Castelao
Cultura • 17/01/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Normalización Lingüística organiza hoxe xoves, ás 19:30 horas na Casada Cultura unha charla coloquio co obxecto de afondar na figura do político e debuxante Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O conferenciante é membro da Fundación Castelao, responsable da exposición do Gaiás "Castelao maxistral" (dedicada ao cadro da "Derradeira leición do mestre") e autor dunha das teses máis completas que se fixeron até o presente.


En próximas semanas está previsto que saia a luz na Editorial Galaxia un libro divulgativo sobre Castelao feito a partir do traballo de investigación de Miguel Anxo Seixas, conferenciante encargado da charla desta tarde.


Xa na vindeira semana, o xoves 24 terá lugar unha segunda cita en torno a Castelao que contará coa presenza de Carlos López Bernárdez, autor de diversos ensaios dedicados á historia pictórica de Galicia.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: