www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 15 de Decembro de 2019

Redondela abre o prazo para inscribirse nun programa de ximnasia dirixido a persoas maiores
Sociedade • 16/01/2019
Autor: M. X. Queimaliños

As clases impartiranse en horario de mañá nos pavillóns de Redondela e Chapela con grupos dun máximo de vinte persoas. Os interesados deberán inscribirse entre o 15 e o 31 deste mes na oficinas de Servizos Sociais.


A Concellaría de Benestar Social de Redondela pon en marcha durante o próximos seis meses un novo programa de ximnasia en movemento, unha actividade incluída na iniciativa "Hábitos saudables e envellecemento activo da poboación". Para o desenvolvemento do programa contarase cunha licenciada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, especialista en persoas maiores que levará a cabo as tarefas de planificación da actividade e o deseño dos exercicios para os distintos grupos.


A idea é ofrecer máis opcións aos maiores de 60 anos que se atopan activos fisicamente e para os que é conveniente unha ximnasia específica que lles axude a manterse en forma.


As clases impartiranse nos pavillóns de Redondela e Chapela e o prazo de inscrición ábrese este martes día 15.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: