www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Abril de 2019

Elisardo Covelo, Chini: "Comezamos moi ben a segunda volta, espero seguir nesta senda"
Deporte • 16/01/2019
Autor: Ana Prieto

A SAR Rodavigo suma dúas vitorias nos dous partidos disputados desde que comezou a segunda volta na División de Honra Prata Feminina. Logo dun importante triunfo en Xixón agardan repetir esta fin de semana en Redondela ante o Magope Seis do Nadal.


Ao comezo de temporada Elisardo Covelo "Chini" xa advertía das dificultades ás que terían que enfrontarse nesta liga, cunha competición "máis dificíl e competitiva, con moita igualdade". Unha circunstancia que leva a equipos da parta alta da táboa a perder con equipos de abaixo, unha situación "impensable" na pasada campaña. A primeira volta foi complicada para o equipo redondelán, unha situación que agardan mellorar nesta segunda metade. Levan dúas vitorias nos dous partidos disputados, a última a da pasada fin de semana en Xixón. Malia que as asturianas tiveron a vantaxe boa parte do partido, a SAR non baixou os brazos e ao final fixéronse co triunfo por 26-31. E iso que o regreso á competición logo do parón de Nadal chegaba con dúas baixas importantes no equipo, as de Sandra Fernández, que fichou polo Godoy Maceira, e Iria Darriba. A incorporación de xogadoras xuvenís supliu estas ausencias, con gran protagonismo da canteira redondelá. A SAR Rodavigo está agora na metade da táboa, na 7ª praza, e prepara o encontro do próximo sábado, cando xogará na casa un dos derbis da xornada. Reciben ao Magope Seis do Nadal, coas viguesas situadas na parte baixa da táboa. Son 12ª, pero "Chini" advirte que será un rival "difícil". Acaban de saír dos postos de descenso a costa do líder. As viguesas gañaron ao Valladolid nun partido moi disputado en Coia, pavillón no que tamén perdeu a SAR na primeira volta, como lembra o técnico redondelán. A é cita o sábado ás 18.30 horas no pavillón municipal da Marisma.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: