www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Abril de 2019

Asalto frustrado a unha xoiería de Redondela
Sucesos • 15/01/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A xoiería Esther Docampo na praza de FIgueroa sufría ás dúas da madrugada de hoxe un intento de roubo logo de que uns individuos, non identificados, tentaran romper o  cristal do escaparate cunha pedra. A alarma do local tería espantado aos ladróns. Nas últimas xornadas téñense producido varios roubos en establecementos comerciais do casco urbano.


O céntrico establecemento, situado en fronte do Concello, sufría ás dúas da madrugada de hoxe un intento de roubo, algo de impediron as medidas de seguridade malia que o cristal do escaparate resultou gravemente danado.


Segundo explicaron dende a Policía Local recibiron nas súas oficinas un aviso dun veciño logo de que comezara a soar a alarma do establecemento. Unha vez no lugar a patrulla comprobou os danos producidos por unha pedra lanzada contra o cristal no intento de romper o escaparate. Con todo, os ladróns fuxiron en cando sonou a alarma o que impediu a súa detención.


Dáse a circunstancia de que a semana pasada outros locais do casco urbanos sufriron a acción dos ladróns. Concretamente tendas de moda na zona do Salgueiral como Auga de Mayo e Donabella. Nese caso os ladróns si lograron entrar a facerse co botín, levándose diferentes prendas de roupa.


Alertan tamén dende a Policía que nas últimas semanas tense detectado un incremento de asaltos a vivendas en diferentes puntos do concello, como Chapela e Reboreda. Mentres nos establecementos comerciais os ladróns aproveitan a escuridade da noite para intentar acceder aos mesmos, os asaltos nas casas estanse a producir durante o día.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: