www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Xullo de 2019

O Choco tamén gaña fóra
Deporte • 14/01/2019
Autor: Ana Prieto

O equipo redondelán conseguiu a segunda vitoria da tempada fóra de casa. Foi en Barraña ante o Boiro cun marcador de 2-4. Na Primeira Galega reparto de puntos entre Arcade e Cuntis, mentres na Segunda o Atl.Vilar goleou ao Vilariño e o Cesantes empatou co Romay. No balonmán feminino vitoria da SAR e nova derrota do Chapela, mentres que no balonmán masculino gañaron os dous equipos locais.


Terceira división


Boiro 2-4 Choco


Os de "Gonza" conseguiron onte a segunda vitoria da tempada fóra de casa nun partido tolo. Superaron en Barraña ao Boiro cun marcador de 2-4. Partido emocionante, sobre todo na segunda metade, na que se anotaron 5 dos 6 goles do encontro. Félix adiantou aos redondeláns cun gol que igualou Óscar Martínez cando xa levaban 15 minutos da segunda parte.Vilas e Davicín, un xuvenil, sentencieban o choque, aínda que Anxo desde a pena máxima recortaba distancias co 3-2. Logo vez Davicín anotaba o 2-4 definitivo. O troinfo deixa ao Choco nunha cómoda situación na táboa, e na próxima xornda recibe en Santa Mariña ao Bergantiños.


Primeira Autonómica



Atl.Cuntis 2-2 Arcade


Reparto de puntos co que o Arcade se mantén na parte alta da táboa. A próxima semana reciben no campo do Salgueirón ao Campo Lameiro


Segunda Autonómica



Racing Vilariño 1-4 Atl.Vilar


Importante triunfo para os de Mon Sanromán, que se impuxeron ao pechacancelas nun encontro sen demasiados problemas para os redondeláns. Na próxima xornada reciben no campo de San Mariño ao Louro Tameiga.


Cesantes- Romay



Cesantes 1-1 Romay


Reparto de puntos entre o Cesantes e o Romay. Os de Redondela xogarán a próxima xornada en Vilaboa ante o San Adrián.


Tercira Autonómica



Chapela 1-0 San Esteban


Vitoria pola mínima do Chapela no campo de Parada. Tres puntos importantes para o equipo, que prepara xa o encontro da próxima fin de semana. Xogarán no campo Federativo de Coia ante o Club Peñasco.


Nespereira 0-4 Lavadores


Perderon e por goleada ante o equipo vigués. Na próxima xornada xogan no campo do Descanso Sampaio.


Soutomaior 2-3 Cotobade


O Soutomaior complica súa situación na cabeza da táboa logo da derrota ante o Cotobade nun encontro moi disputado no Graciano Padín. O domingo xogarán en Pontevedra ante o San Andrés.


Fútbol Sala. Terceira División



Santa Isabel 4-3 Campito


Derrota dos de Chapela nun encontro moi disputado do que regresaron de baleiro. Situación cada vez máis complicada nos postos de descenso nos que tamén está o seu próximo rival, o Concello de Begonte, que suma 2 puntos máis que os de Chapela.


Pazos 7-3 Sport Sala Culleredo


Importante vitoria para os de Fran Amoedo, que son 2º a tan só 1 punto do líder, o Gonnaba Parrulo B. A próxima xornada xogan no pavillón municipal de deportes de Lugo ante o Ribeira, que é 4º, tan só 3 puntos por baixo dos de Pazos.


Preferente Sur



Redondela Maramar 4-0 Tui Futsal


Vitoria por goleada dos redondeláns que deixa ao equipo no ecuador da táboa. Na próxima xornada xogan en terras ourensás, no pavillón do Verín Sala, un dos equipos máis fortes do grupo, 4º clasificado.


Balonmán División de Honra Prata Feminina



Xixón 26-31 Sar Rodavigo


A SAR escala unha posición, ata a 7ª praza, logo da vitoria sobre o Xixón en terras asturianas. O sábado xogarán na casa un dos derbis da xornada. Reciben ao Magope Seis do Nadal, coas viguesas situadas na parte baixa da táboa.


Carballal 29-27 Cíes Obra Civil Chapela


O Chapela segue como pechacancelas logo da derrota no pavillón vigués do Carballal, equipo forte ao que plantaron cara. Na próxima xornada reciben na casa ao BM Palencia Turismo, situado tamén no pozo da táboa e que encadea tres derrotas consecutivas.


Balonmán Primeira Nacional Masculina



Seis do Nadal 33-39 Rodosa Chapela


O Rodosa anótase o derbi en Coia. Os de Fran Teixeira impuxéronse ao Magope Seis do Nadal. A pesar de arrincar igualados o Rodosa logrou unha pequena vantaxe que os levou ao descanso cun marcador ao seu favor de catro goles (15-19) que foron ampliando na recta final do encontro. O Chapela é 3º, e na próxima xornada volve xogar fóra, no pavillón do Teucro, 6º na táboa.


Primeira Autonómica



Porriño 21-23 SAR PlasticOmnium


Os de Diego Lorenzo impuxéronse no desprazamento á capital da Louriña. O equipo da SAR mantén o 4º posto e na próxima xornada reciben en Redondela ao Granitos Ibéricos Carballal. O rival é forte, vai 2º na liga empatado co líder, o Culleredo.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: