www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Xullo de 2019

O humorista J.J. Vaquero abre o ciclo de monólogos "Humor na súa tinta"
Cultura • 9/01/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O cómico vallisoletano será o encargado de abrir a segunda edición deste ciclo de monólogos que organiza a Concellería de Cultura. Durante os vindeiros meses pasarán polo Multiúsos da Xunqueira os humoristas Pepo Suevos, Carlos Blanco, Carmen Méndez e Oswaldo Digón. As entradas custan 7 euros, agás a do vindeiro domingo que ten un prezo de dez euros.


Jose Juan Vaquero é o cómico encargado de inaugurar este ciclo cunha actuación que terá lugar os domingo 13 ás 20:00 horas no Auditorio da Xunqueira. Guionista e colaborador de El Hormiguero,  o seu humor rudo e directo deuse a coñecer ao gran público grazas a programas televisivos como el Club de la comedia. As entradas a un prezo de 10 euros pódense adquirir na entrada do multiúsos.


Xa nos vindeiros meses pasarán tamén polo escenario Pepo Suevo o 10 de febreiro,  Carlos Blanco o 24 de marzo, Carmen Méndez o 14 de abril e pechará o ciclo Oswaldo Digón o 5 de maio. A entrada para estas funcións será de 7 euros.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: