www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 14 de Novembro de 2019

Música en directo e contos con Baobab Teatro
Cultura • 4/01/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A compañía de teatro presenta a obra "Puño, Puñete" hoxe venres ás 18:30 horas no Multiúsos da Xunqueira. Unha actividade incluída no programa de Nadla en Rede, promovido pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. A obra está dirixida a nenos de entre 1 e 7 anos. Con entrada de balde, os pases pódense recoller dende dúas horas antes do inicio.


Andrea Bayer e Davide González, ou o que é o mesmo Baobad teatro baixo a dirección de Oscar Ferreira presentan este espectáculo de música en directo, cancións, contos e tradición oral.  

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: