www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Xaneiro de 2019

Aberto o prazo para se inscribir nos cursos de taichí
Sociedade • 2/01/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellaría de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, abre o prazo para inscribirse nas clases de taichí que se impartirán en Redondela, Chapela, Cabeiro, Saxamonde, Reboreda e o Viso. As persoas interesadas deben inscribirse ante do 9 de xaneiro entregando a documentación nos rexistros xerais do concello.


O obxectivo desta actividade é mellorar a forma física dos participantes ademais de exercitar e potenciar aspectos importantes como o equilibrio, a coordinación e a elasticidade. A iniciativa está enfocada a persoas de todas as idades.


Para poder participar é preciso presentar a ficha de solicitude de participación no Rexistro Xeral do Concello de Redondela ou Chapela acompañada da fotocopia do DNI/NIE. A ficha de inscrición pode recollerse nas oficinas do Servizos Sociais en Redondela e Chapela.


Para máis información podédesvos dirixir aos Servizos Sociais, na rúa Isidoro Queimaliños, núm. 2, ou chamando ao 986 40 26 08.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: