www.radioredondela.com | Hoxe é Domingo, 15 de Decembro de 2019 |
Gala Vienesa coa Orquestra de Saxos
Cultura • 2/01/2019
Autor: M. X. Queimaliños A Orquestra de Saxos de Redondela ofrece un concerto de Aninovo este mércores ás 20:30 horas no Multiúsos da Xunqueira no que non faltarán as tradicionais pezas que se adoitan escoitar nestes concertos que serven tamén para dar a benvida musical ao novo ano. O recital é de balde ata completar o aforamento. A proposta que nos deixa a Orquestra de Saxos de Redondela ofrecerá un repertorio no que non faltarán os vals de Strauss, polcas e outros temas clásicos baixo a dirección de Elisa Arias. Unha cita musical que se vén repetindo nos últimos anos e que quere consolidarse como unha tradición no noso concello polo que se anima á participación do público.
|
Comentarios |
|
|