www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Novembro de 2019

Actividades de Nadal para a rapazada en Redondela e Chapela
Sociedade • 27/12/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Os máis cativos da casa teñen a oportunidade de achegarse a diferentes actividades dentro da programación que organiza o concello de Redondela co seu Nadal Infantil. Maxia, taichi, cociña, decoración, lingua de signos e outras propostas son as que se están a desenvolver dende este mércores ata o sábado 30 e novamente do 2 ao 5 de xaneiro tanto no Multiúsos da Xunqueira como na alameda de Chapela. A maiores poderán gozar de inchables, karaoke e baile o sábado 29 no pavillón de Chapela o domingo 30 no de Redondela.


Un ano máis póñense en marcha nestas datas de Nadal actividades para os máis cativos completamente de balde en horario de 17:30 a 19:30 horas do 26 ao 29 de decembro e do 2 ao 5 de xaneiro (agás os días 24, 31 e 5 que se realizarán en horario de mañá de 11:00 a 13:00 horas).


Os nenos gozarán de propostas tales como taichi, cociña, maxia, decoración de Nadal, lingua de signos, visitas de personaxes da tv e como non, celebración das badaladas.


O único requisito é achegarse no horario establecido ben ao Multiúsos da Xunqueira ou a Alameda de Chapela.


Unha actividade organizada dende a Concellería de Eventos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: