www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 25 de Maio de 2019

Redondela desconvoca o pleno ordinario por coincidir coa manifestación en defensa da Sanidade
Política • 27/12/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A corporación municipal acordou pospoñer ata mediados de xaneiro o pleno ordinario convocado para esta tarde ás 20:00 horas. A sesión foi desconvocada logo de que así o solicitasen os grupos políticos ao coincidir esta convocatoria coa manifestación que se celebrará esta tarde a mesma hora en Vigo baixo o lema Pola dignidade da primaria.


A protesta, consecuencia da dimisión en bloque de 25 xefes de centros de saúde d área de Vigo en contra da sobrecarga e o deterioro da asistencia sanitaria partirá ás 20:00 horas dende a Rúa Pizarro para percorrer o centro de Vigo. Unha mobilización que coincidía no tempo coa sesión plenaria prevista para esta tarde e que finalmente foi posposta por acordo da corporación ao non incluír esta sesión puntos de urxencia. Previsiblemente o pleno de decembro celebrarse o xoves 17 de xaneiro.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: