www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 25 de Maio de 2019

O parlamento rexeita aprobar unha partida de 2 millóns para melloras no IES de Soutomaior
Política • 26/12/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A emenda do BNG aos orzamentos contemplaba dotar dun orzamento de 2 millóns de euros para unha actuación no IES de Soutomaior que solventase as deficiencias que foron denunciadas tanto pola asociación de nais e pais como polo propio consello escolar do centro. Deficiencias que constan no propio informe do consello escolar e que teñen que ver con que o instituto no conta co salón de actos, nin con aulas para realizar titorías cos pais, ou con espazos cubertos no que os nenos poidan xogar no recreo nos días de choiva. O voto en contra do PP impediu sacar adianta a proposta.


Malia que a petición foi levada a pleno e que a proposta dos nacionalistas acadou un acordo para que se iniciase a fase 2 do instituto para solucionar estas carencias que denunciadas, o Partido Popular votou en contra de que estas actuacións tivesen unha partida económica nos orzamentos da Xunta.


O portavoz municipal do BNG Manu Lourenzo sinalou que"é unha vergoña que despois de máis de dúas décadas agardando para ter un instituto teñamos que estar agora nesta situación, sen salón de actos, sen un espazo para as titorías,sen un patio cuberto e que o alcalde de Soutomaior no canto de estar reivindicando unha educación pública de calidade para os seus veciños se dedique a actuar de correa de transmisión do PP.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: