www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 25 de Maio de 2019

O Choco cede un empate ante o Barco
Deporte • 24/12/2018
Autor: Ana Prieto

O Barco conseguiu remontar en Santa Mariña no último minuto logo de que os redondeláns se puxeran por diante no marcador cun 2-0. Na Segunda Autonómica vitoria para o Vilar e derrota para o Cesantes. No fútbol sala o Pazos perdeu o liderado e o Campito segue en postos de descenso logo de caer ante o Gonnaba Parrulo B, novo líder da Terceira División. No balonmán gañou a SAR de Honra Feminina e o Chapela de Nacional masculina.


Terceira división


Choco 2-2 Barco


Xornada compliaca en Santa Mariña logo do empata e dous goles ante o Barco nun partido que non estivo libre de polémica polas decisións arbitrais. O Choco, que gañaba 2-0 ata o minuto 65, perdeu dous puntos nun encontro que rematou cun home menos pola expusión de Carlos. Os de "Gonza" fixeron unha gran primeira metade, dominaron o encontro con varias ocasións de gol, que pola contra foron escasas por parte do Barco. No minuto 39, Antón Vilas conseguiu marcar e puxo por diante aos locais, e co 1-0 chegaron ao descanso. Na segunda parte, os de Gonzalo Álvarez seguiron apertando e lograron o 2-0 por obra de Félix Rial no minuto 52 tras unha asistencia de Vilas. Pero o Choco non puido evitar que o Barco recortase distancias cun gol de David Álvarez no 65. A partir de aí o encontro estivo marcado por accións polémicas. O defensa redondelán Carlos vía a cartolina amarela tras demorarse en lanzar unha falta, e foi expulsado despois ao ver o segundo cartón por realizar unha falta. O Choco tamén reclamou un penalti que o colexiado non viu, nunha xogada sobre Xian na área pequena. Cora e Palmas tiveron de novo ocasións para sumar o terceiro dos redondeláns, pero sen sorte. O colexiado engadiu cinco minutos de desconto e Tabala, só na área, conseguiu marcar o 2-2. Logo deuse unha discusión entre xogadores, corpo técnico e espectadores no final do partido, que se saldou coa expulsión do preparador físico e do delegado do Choco. Os de "Gonza", que son 11º, xogan a próxima xornada no campo do Boiro, da metade baixa da táboa.


Choco: Cortegoso,Carlos, Xian, Aitor, Samu, Carloi, Comis (Davo, m. 79), Gabi Misa (Nacho, m. 75), Palmas, Félix, Vilas (Cora, m. 71).


Barco: Azpillaga, Sito Cruz, Toni, Santi Núñez, Omar, Rubio, Tabala, Diego Tato (Real, m. 61), Juanito, David Álvarez, Revolta.


Goles: 1-0, m. 39: Vilas. 2-0, m. 52: Félix. 2-1, m. 65: David Álvarez. 2-2: m. 94: Tabala.


Árbitro: Cives Enjo. Expulsou a Carlos por dobre amarela (m. 79 e 83), ao preparador físico do Choco (m. 71) e ao delegado (m. 83). Amoestou a Gabi Misa (m. 21), Adrián Pazos (m. 54), Aitor (m. 64), Cora (min. 90) e Carloi (min. 90) polo Choco ; e a Revolta (m. 3), David Álvarez (m.21), Juanito (m. 90) e Omar (m. 90), polo Barco.


Primeira Autonómica



Salvaterra 2-1 Arcade


Pedro e Samuel remontaron o gol inicial que anotou Rincón para o Arcade.


Segunda Autonómica



At. Vilar 2-1 Xinzo


Os de Mon Sanromán gañaron en San Martiño e soben ao 10º posto. Na próxima xornada xogan no campo do pechacancelas, o R.Vilariño.


Mosteiro 3-1 Cesantes


O Cesantes perdeu nun dos campos máis fortes do grupo, o do Mosteiro. Na próxima xornada reciben ao Romay, que é 7º.


Terceira Autonómica


Monteporreiro 0-3 Soutomaior


O Soutomaior superou ao Monteporreiro, segue 2º empatado co líder, o Pontecaldelas. Na próxima xornada reciben ao Cotobade.


Fútbol Sala. Terceira División



Campito 4-6 Gonnaba Parrulo B


Os de Chapela seguen en postos de descenso logo da derrota co Gonnaba Parrulo B, que se coloca como líder.


Academia Red Blue 3-2 Pazos


Os de Fran Amoedo perderon o liderado na Coruña logo da derrota ante o Academia Red Blue. Regresan á competición o 12 e 13 de xaneiro. O Pazos recibe ao Sport Sala Culleredo o sábado, e o Campito xoga no pavillón do Santa Isabel o domingo.


Balonmán División de Honra Prata Feminina



Sar Rodavigo 26-18 BM Palencia Turismo


A SAR non tivo problemas para desfacerse do Palencia na Bombonera nun partido no que ata doce xogadoras locais anotaron, con papel destacado de Iria Darriba, con cinco dianas. Este resultado deixa ao conxunto redondelán no oitavo posto da clasificación con 13 puntos. Reaudarán a competición ante o Xixón, que é 9º.


Cíes Obra Civil Chapela 19-34 Oviedo BM


O Chapela segue como pechacancelas sen puntos tras caer ante o Oviedo. Retomarán a competición en Vigo, na pista do Carballal, que é 5º.


Balonmán Primeira Nacional Masculina



Rodosa Chapela 27-26 Saeplast Cañiza


O Rodosa Chapela celebrou a vitoria na casa, ante o Saeplast Cañiza (27-26), nun partido moi igualado que se resolveu no último minuto cun tanto de David Rei, máximo goleador do conxunto redondelán no encontro con sete dianas. Reanudarán a competición na pista do Seis do Nadal, 7º do grupo.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: