www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

O comercio local reivindica o seu lugar
Sociedade • 20/12/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Un comercio vivo é sinónimo dunha vila viva. Así o entenden na Asociación de empresarios de Redondela que vén de editar un pequeno spot co que queren "remover a conciencia da cidadanía" sobre a necesidade de comprar no comercio local para garantir a súa supervivencia da cara ao futuro. Ademais, fronte a imposición das grandes superficies deciden tamén abrir este domingo día 23 as súas portas convidando aos veciños a gozar dunha xornada festiva de compras con agasallos para os máis pequenos e viaxes gratuítas no "chocochú", un tren urbano que retoma os seus percorridos pero cunha imaxe máis navideña.


O vídeo promocional, dirixido por Cuchi Carreira da Cooperativa Cal3, quere ser unha chamada de atención ante o difícil día a día que vive o comercio local polas fortes presións das grandes superficies ou mesmo o comercio electrónico. Así, a través dos ollos dun neno que soña con ser de maior como seu pai e ter un día un comercio na vila tenta "remover conciencias" e facer ese chamamento aos clientes.


Unha iniciativa está enmarcada dentro da campaña de Nadal que promove a Asociación de Empresarios de Redondela e inclúe un ano máis o reparto de centos de premios directos e un premio de mil euros entre os clientes que realicen as súas compras antes do 7 de xaneiro.


Ademais este domingo día 23 abrirán as súas portas nunha xornada comercial e festiva baixo o lema "vén a Redondela e compra sen agobios" e con propostas orientadas aos máis pequenos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: