www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 24 de Marzo de 2019

O Club de remo de Cesantes demanda instalacións axeitadas para os seus deportistas
Política • 20/12/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Así llo trasladaron á candidata socialista á alcaldía de Redondela, Digna Rivas, nunha reunión na que estivo presente tamén o club de remo de Chapela. O obxetivo da xuntanza era coñecer de primeira man as súas necesidades e escoitar as súas achegas. Ambas entidades presentan problemas similares derivados, principalmente, das particulares características que ten o remo para a súa práctica, como é a necesidade dunhas instalacións axeitadas e, fundamentalmente, o elevado custe do material.


En canto á necesidade de contar cunhas instalacións axeitadas, o Club Remo Cesantes está particularmente afectado xa que dende o ano 2011, o Goberno do PP de Redondela adquiriu o compromiso de buscarlles una solución algo que, preto de 8 anos despois, aínda non se produciu.


Digna Rivas, pola súa banda, subliñou a importancia que ten o remo para o municipio ao que considera "un dos grandes patrimonios deportivos con que conta o municipio" que queda reflectido no alto nivel competitivo que teñen ámbolos dous clubs.


A candidata socialista asegurou que se "estudarán vías de colaboración reais, estudadas e programadas" xa que se amosou contraria a "vender fume como fai o actual Goberno do PP que adquire compromisos que, co tempo, quedan sen cumprir".


"É importante -asegurou Rivas- que estes clubs poidan desenvolver o seu traballo nunhas condicións axeitadas sobre todo tendo en conta que contan cun grande número de rapaces e rapazas, a canteira do remo redondelán, que merecen ter instalacións apropiadas".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: