www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 24 de Marzo de 2019

A Rondalla de Redondela e o grupo Cha, cerveja e violão súmanse ao concerto solidario de Lenda
Cultura • 19/12/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiúsos da Xunqueira acolle este venres ás 20:30 horas a tradicional concerto de Nadal que organiza a Asociación Lenda co obxecto de recadar fondos que destina a diferentes iniciativas solidarias. Nesta ocasión o recadado coas vendas das entradas, que se poden adquirir a un prezo de 5 euros no Café da Vila e na sede da propia asociación, axudarase a diferentes usuarios do centro.


Ademais da formación Os Mércores Musicais de lenda, a asociación volve contar para este concerto coa Rondalla de Redondela e cun grupo de recente formación a cargo de músicos locais como é Cerveja, cha e violão.


Por outra banda, durante toda a semana ofertan os produtos artesanais elaborados polos usuarios da asociación no antigo local de Scarpa na praza Reveriano Soutullo. Xabóns, axendas, cadernos, tazas, chaveiros, colgantes e outras moitas propostas que se poderán adquirir ata o vindeiro venres.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: