www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Xaneiro de 2019

O pleno rexeita incrementar o IBI a AENA e Autoridade Portuaria
Política • 18/12/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A modificación do Imposto de bens Inmobles proposta polo BNG non saíu adiante ao non contar co apoio do restos dos grupos. PSOE, AER abstivéronse e o  grupo de goberno votaron en contra por entender que no caso de aprobar este incremento do tipo impositivo a determinadas empresas implicaría consecuencias de carácter xudicial. Tan só o edil non adscrito amosou o seu apoio a reclamación do Bloque aínda que o resto dos grupos da oposición abriron a porta a estudar unha modificación da ordenanza de cara a gravar as grandes empresas asentadas en Redondela.


A ordenanza do IBI aprobada hoxe supón subir o tipo a Audasa nun 30%. Malia o incremento porcentual serán tan só mil euros de suba para unha concesionaria que gaña millóns. De cara a que esta modificación tivera unha repercusión maior nas arcas municipais reclamaban o BNG que este incremento se aplicara tamén a outras empresas como AENA ou a Autoridade Portuaria.


O edil nacionalista Xoán Carlos González atopou tan só o apoio do edil non adscrito Enrique Fojo.


Tanto PSOE como AER abriron a porta a modificar a ordenanza no sentido suxerido polo Bloque, pero optaron pola abstención o entender que no caso de incluír agora esta modificación, as empresas afectadas recorrerán xudicialmente, o que suporía un maior gasto para o concello que os cartos que se poderían recadar pro este concepto. Iso si, tenderon a man a elaborar "unha modificación profunda da ordenanza"


Dende o PP insistiron na idea de que non toca neste momento incrementar o tipo impositivo a estas infraestruturas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: