www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 23 de Setembro de 2019

Fornelos traballa na posta en valor dos máis de 30 chozos achados na parroquia de Estacas
Cultura • 14/12/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O arqueólogo da empresa A Citania, Xurxo Constela, salienta o indubidable valor deste conxunto "o máis importante de toda Galicia" integrado por máis de trinta chozos, unhas construcións antigas que empregaban os pastores para protexerse das inclemencias do tempo ou pasar neles a noite.  O conxunto foi atopado pola Comunidade de Montes da parroquia de Estacas cando procedían a abrir unha pista forestal.


Estes chozos presentan unha arquitectura moi particular, xa que lembran a un dolmen, malia que a súa datación é posterior. Para realizalos os seus creadores aproveitaban as rochas e os seus ocos para construír este refuxio.


O elevado número de chozos atopados, aínda por inventariar, fai pensar que se podería tratar incluso dunha aldea.


No lugar tamén se ten atopado un neveiro, un foxo do lobo e petróglifos. O xacemento darase a coñecer o vindeiro 11 de xaneiro durante a inauguración do Centro Social de Estacas e cunha conferencia que correrá a cargo do propio Xurxo Constela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: