www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Xaneiro de 2019

Festival solidario a favor de Unicef
Cultura • 14/12/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Un festival solidario que se celebra este sábado ás 17:30 horas no Multiúsos da Xunqueira con presenza da diferentes grupos folclóricos da contorna. A actividade está organizada por Piyopi animaciones, con experiencia na organización deste tipo de festivais que buscan recadar fondos para Unicef. Así, os cartos que se recaden irán destinados a esta organización que atende as necesidades da infancia e dos máis vulnerables. Máis concretamente investiranse no proxecto Gotas por Niger que busca achegar a auga potable e os sumidoiros a determinadas áreas do país.


Trátase do primeiro encontro Exhibición de Bailemos todos polos peques cunha participación de Grupos Folclore Galego: O Carballo das Cen Polas e Airiños de San Simón. Os cartos recadados a través da entrada donativo de 5 euros destinaranse ao programa Pingas para Niger. Ao finalizar o espectáculo entre todos os asistentes realizarase un flashmob: *Bailemos todos con colaboración da Coca Simona.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: