www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Xaneiro de 2019

Paxaretas organiza un obradoiro práctico sobre os xoguetes e a igualdade
Sociedade • 13/12/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Unha iniciativa do colectivo feminista de Redondela que busca fuxir dos estereotipos á hora de mercar xoguetes. Un xeito de educar na igualdade dende a infancia evitando facer diferenciacións á hora de mercar un agasallo segundo o sexo da crianza. A actividade que leva por nome "O xogo e o xoguete como ferramentas para a igualdade" desenvolverase este venres día 14 no Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas e está dirixido a persoas adultas.


Os xoguetes son decisivos na educación e desenvolvemento das nosas crianzas, así o entenden dende a Asemblea Feminista Paxaretas de Redondela. Nestas datas, co achegamento dos agasallo de Nadal, deciden organizar este obradoiro práctico para afondar nos estereotipo que acompañan aos xoguetes. Con eles as máis pequenas e pequenos representan a realidade, forman a súa personalidade, asimilan roles sociais e imitan o mundo adulto que observan, desenvolven as estruturas cognitivas... Estes poden ser grandes aliados ou inimigos na busca e educación dunha igualdade real, sen prexuízos, estereotipos ou roles de xénero, polo que se debe adoptar unha postura crítica á hora de escóllelos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: