www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 18 de Xullo de 2019

Alén Nós prosegue coas súas Conversas co autor do libro "1968, o ano que cambiou o mundo"
Cultura • 13/12/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Un libro de poesía de Vitor Vaqueiro que será presentado nunha charla coloquio este venres ás 19:30 horas na Casa da Cultura de Redondela. Intervirán o propio autor con presentación a cargo de Nacho Lueiro de Alén Nós.


Xosé María Álvarez Cáccamo é o encargado de prologar o texto no que recolle que con este libro "Vitor Vaqueiro consolida o rumo da sua nova andaina com 1968, cimo da sua escrita poética e um dos mais atrativos e relevantes livros de poesia editados no que levamos andado do século XXI. O equilíbrio entre os registros épicos e líricos, a alternância do verso e prosa, a construção alegórica, o humor irónico, o recurso a procedimentos de glosa e digressão, o desenho de âmbitos de perfil expressionista e crítico, são as marcas de estilo e cosmovisão que singularizam este livro".


Un texto que se remonta a data crucial de 1968, ano no que se darían unha serie de feitos transcendentais e de alcance universal como a guerra do Vietnam, a primavera de praga, os asasinatos de Martin Luther King e Ernesto Che Guevara, a revolta estudiantil de París... feitos paralelos ou próximos no tempo á data elixida por Vitor Vaqueiro.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: