www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 20 de Maio de 2019

A Asociación Cultural de Chapela aposta polo deporte en grupo
Sociedade • 11/12/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Promover o deporte é un dos obxectivos da nova actividade de sendeirismo que arranca esta fin de semana e que vai levar aos participantes a coñecer diferentes espazos de Galicia e norte de Portugal. A primeira proposta consistirá en percorrer a ruta da auga entre Chapela e Redondela e para premiar o esforzo unha vez rematado o percorrido haberá petiscos para os asistentes. A saída será este sábado día 15 ás 9:45 horas dende o Multiúsos do Piñeiral e inclúe unha visita ao coñecido banco de Cedeira. A inscricións, que teñen un custe de 3 euros por persoa, deben facerse a través do 637931747.


A organización corre a cargo de Alba Villar, monitora deportiva que tamén imparte outras especialidades na Asociación, e que promove estas saída como xeito de animar aos veciños a realizar deporte en grupo ao tempo que se coñece o territorio.


Con esta primeira ruta propón achegarse a un espazo moi próximo e que nos deixa vistas espectaculares da ría de Vigo así como un percorrido por paraxes naturais ao carón da fervenza do río Fondón, muíños e visita incluída ao coñecido como "mellor banco do mundo de Cedeira".


Con todo, o obxectivo é poñer en marcha un calendario quincenal que inclúa outros percorrido e barallan a posibilidade de facer o Camiño de Santiago en tramos.


Lembra Alba Villar que os participantes poderán ir acompañados dos seus cans.    


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: