www.radioredondela.com | Hoxe é Xoves, 21 de Febreiro de 2019 |
Música, baile e sorpresas no acendido do alumeado de Nadal en Redondela e Chapela
Institucional • 29/11/2018
Mañá venres na praza do Concello de Redondela, e o sábado na Alameda de Chapela, grandes e pequenos poderán gozar dunha xornada de música, luz e sorpresas. As actividades comezarán ás 18.00 horas, e ás 20.00 horas o espectáculo "Os trasgos da luz" dara paso ao prendido da iluminación. Desde o Concello anuncian que haberá música, baile, globoflexia "e moitas sorpresas para a rapazada". Mañá venres a cita é na praza do Concello de Redondela, e o sábado día 1 de decembro, á mesma hora e coa mesma programación, na Alameda de Chapela. |
Comentarios |
|
|