www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 13 de Decembro de 2018

Radio Bulebule chega a Redondela
Cultura • 29/11/2018
Autor: Ana Prieto

O espectáculo de Paco Nogueiras chega este venres ao Multiúsos da Xunqueira dentro das actividades do proxecto Apego que organiza o Servizo de Normalización Lingüística cos seus "Venres cativos". Ás 18.00 horas con entrada de balde, que pode recollerse desde dúas horas antes.


Radio Bulebule é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd editado por Kalandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos. Radio Bulebule defínese como a radio itinerante, radio ambulante, radio cantante, transmitindo para o mundo en linguaxe universal. Dentro dela, din, soa o universo todo, porque dentro dela todo o universo é música. Paco Nogueiras convida ao público infantil e familiar a vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: