www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 13 de Decembro de 2018

Artelixo súmase ás Marchas da Dignidade e organiza unha viaxe en autobús a Touro
Sociedade • 28/11/2018
Autor: Ana Prieto

As Marchas da Dignidade convocan unha manifestación o vindeiro sábado, 1 de decembro, na localidade coruñesa de Touro "en defensa da terra e contra a estafa eléctrica" co apoio de máis de 50 organizacións. O colectivo redondelán Artelixo súmase a esta convocatoria e organiza unha viaxe en autobús para asistir á manifestación, con saída desde Redondela e Chapela ás 9:30 horas.


Segundo explicaron desde as Marchas da Dignidade, elixiuse Touro como lugar para esta protesta debido ao proxecto mineiro existente, o cal aínda que está "en punto morto" debido ás mobilizacións sociais na súa contra. Con todo, advirten que "iso non significa que estea parado", e aseguran que se non hai resistencia popular "van seguir adiante co proxecto". Desde Artelixo denucian os "atentados medioambientais" como o de Touro, pero tamén a "eucaliptización" dos montes, a contaminación de ríos e mares, os encoros ou o proxecto para o almacén de colectores en Rande. Iniciativas que teñen en común "os mesmos beneficiarios e as mesmas vítimas", e que sengundo o colectivo ecoloxista "nos levan impunemente a un futuro desolador." Engaden que todo é "para dar servizoa aos grandes poderes económicos, coa complicidade dos gobernos", e lamentan que finalmente os galegos "paguemos a electricidade máis cara de todo o Estado", precisamente "agora que chega o frío". Por iso Aretelixo súmase á convocatoria e organiza a viaxe en autobús a Touro desde Redondela e Chapela, o sábado 1 de decembro ás 9:30 horas, a u nprezo de 6 euros. Máis información e inscricións no teléfono 645819245.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: