www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 13 de Decembro de 2018

Últimos días para ver as "Atmosferas" da artista redondelá Marta Docampo
Cultura • 27/11/2018
Autor: Ana Prieto

O Multiúsos da Xunqueira acolle unha exposición de obras de Docampo Cabaleiro, unha pintora redondelá apaixonada pola acuarela. As paisaxes galegas, tanto rurais como urbanas, centran a colección que pode visitarse ata o venres día 30.


A autora explica que a elección da acuarela como técnica responde á súa versatilidade. Son cadros que "están vivos", e que se transforman a medida que a pintura e a auga van facendo "a súa maxia". Docampo amósase moi satisfeita de expoñer na súa vila, logo de telo feito en diferentes salas de Galicia e Portugal.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: