www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 13 de Decembro de 2018

Un gran Cortegoso salva ao Choco
Deporte • 26/11/2018
Autor: Ana Prieto

A excelente actuación do porteiro local foi decisiva na vitoria ante o Arousa en Santa Mariña. Na Primeira Autonómica o Arcade tamén se impuxo no campo da Guía, mentres que en Segunda gañou o Cesantes e perdeu o Atl. de Vilar. No balonmán victoria tamén do Chapela en Primeira Nacional, que se impuxo nun importante partido ao Lalinense.


Terceira División


Choco 1-0 Arousa


Cortegoso permitiu que o Choco siga sumando como vitorias todos os partidos da casa, e ascende á décima posición. Os redondeláns adiantáronse pronto nunha acción de Félix, que se desmarcou entre liñas, combinou con Xián e realizou o desmarque para recibir na área e rematar. O balón golpeou no porteiro Manu Táboas e despois en Trapero antes de colarse na portaría do Arousa. O equipo de Vilagarcía tratou de reaccionar, pero o Choco aguanto, malia que na última media hora tivo que pecharse na súa área. O Arousa non deixou de tentalo para marcar o empate, pero atopouse cun gran Cortegoso, que fixo até catro intervencións decisivas para manter a súa portaría a cero. A próxima semana os xogadores de Gonzalo Fernández "Gonza" buscarán mellorar os seus resultados a domicilio no campo do Racing de Ferrol.


Choco: Cortegoso, Lazcano, Xián, Alberto Suárez, Samu, Caloi, Comis, Gabi Misa (Vilas, min. 65), Félix, Cora (Nacho, min. 59), Gabri Palmás (Zamorano, min. 80).


Arousa: Manu Táboas, Torrado, Tape, Trapero (Nogueira, min. 46), Iago Martínez, Xullo Rei (Cristóbal, min. 89), Javi Otero, Manu Rodríguez, Luís García, Óscar "Chiqui", Mauri.


Gol: 1-0, min. 18: Trapero, en propia porta.


Primeira Galega



A Guía 3-4 Arcade


O Arcade foi sempre por diante, cun gol de Pazos, de penalti, e tres de Adrián Buján. A Guía tentou a remontada e a punto estivo de empatar cos goles de Pablo, Brendan e Alejandro. Na próxima xornada recibe ao Mos.


Segunda Galega



Cesantes 3-2 Bueu


Emocionante partido entre Cesantes e Bueu. Os tantos visitantes fíxoos o mesmo xogador, Vivi, ambos na segunda metade. Os goles da vitoria local foron de Fabián, Xacobe e Isaac. O Cesantes, 11º, na próxima xornada visita o campo do Marín.


Atl. Vilar 1-2 Vincios


Sorprendente vitoria do Vincios en San Martiño, que chegaba a Vilar como un dos pechacancelas do grupo. Os de Mon Sanromán son agora 12º, na próxima xornada visitan o campo do Mosende, tamén da parte baixa da táboa.


Terceira Galega



Lavadores 2-4 Chapela


Merecida vitoria do Chapela nun encontro no que todos os goles chegaron na segunda metade. Adiantáronse os redondeláns e o Lavadores sempre foi a remolque. O Chapela é agora 6º, a só 1 punto do Lavadores. Na próxima xornada reciben ao Sampaio, da metade baixa da táboa.


Fútbol Sala Terceira División



Pazos de Borbén 2-1 Campito


Os de Fran Amoedo fixéronse co derbi nun partido moi especial para ambos conxuntos. O triunfo deixao ao Pazos como líder e aos de Chapela en postos de descenso. Na próxima xornada a cita para o Pazos é o sábado ás 16:45 no pabillón do F.S. Bueu. O Campito recibirá o domingo ás 19.00 horas ao Talleres ABC Vigo IES Coruxo.


Balonmán



División de Honra Prata Feminina


Xornada de descanso nesta pasada fin de semana. Na próxima xornada o Chapela xoga na pista do Cleba e a SAR recibe ao Lanzarote, coas canarias na 6ª praza. Os dous encontros serán o sábado, día 1 de decembro, ás 17:30 no Pavillón de San Esteban e ás 20.00 horas no pavillón da Marisma.


Primeira Nacional



Chapela 38-36 Lalinense


Prometía ser o partido da xornada e así resultou. Foi un partido totalmente tolo onde non existiron as defensas e dedicáronse a correr ao longo da pista. O Chapela dominou o duelo sempre con vantaxes que chegaron a ser de cinco goles, pero o Lalín resistiuse aínda que os de Teixeira amarraron o triunfo.


Primeira Autonómica



Sar 26-24 Seis do Nadal


Trinfo redondelánno derbi comarcal que deixa á SAR na 3ª praza do grupo. O sábado xogan na pista do Pabellón Ourense.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: