www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 13 de Decembro de 2018

Máis de 60 comercios de Redondela participan hoxe nunha campaña con descontos e bonos
Sociedade • 23/11/2018
Autor: Ana Prieto

Os establecementos de Redondela integrados na Asociación de Empresarios ofrecen hoxe aos seus clientes unha campaña con descontos e promocións. Como novidade, os que fagan hoxe as súas compras poderán conseguir bonos exclusivos con descontos que poderán canxear noutras tendas ata o 15 de decembro.


Os establecementos asociados que participan nesta campaña identificaranse dun xeito especial, xa que contan con elementos decorativos específicos que unifican a imaxe do comercio local. No interior e exterior das tendas destacan os descontos cunhas etiquetas de gran tamaño que identifican os produtos con desconto.Un elemento novidoso desta campaña é que polas compras realizadas durante esta xornada de venres os clientes poderán conseguir bonos exclusivos de desconto que se poderán canxear noutras tendas, o que permitirá as "vendas cruzadas". Máis de 2.000 bonos de desconto, que se poderán canxear ata o 15 de decembro, e que serán distribuídos entre os clientes, nunha campaña que pretende fidelizar as compras na vila.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: