www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 13 de Decembro de 2018

As reparacións no Centro de Deportes Acuáticos de Chapela custarán máis de 180.000 euros
Política • 21/11/2018
Autor: Ana Prieto

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará unha para Redondela de 181.024,25 euros para financiar traballos na piscina de Chapela como a reparación das filtracións e humidades que se atopan en diferentes puntos da instalación e que afectan ao local do Club de Remo Chapela.


A partida que se aprobará esta semana pechará o Plan Concellos da Deputación para Redondela, e servirá para resolver "os problemas funcionais e de salubridade que se atopan no edificio". Segundo explicou a deputada provincial Digna Rivas, trátase principalmente de reparacións na cuberta e nos locais que alberga o centro, e que usan diferentes entidades da vila. Así, procederase a reparar as filtracións que se provocan a través da cuberta da piscina; reparar o forxado da zona de vestiarios e duchas do Club de Remo, así como do muro traseiro desta entidade, onde tamén se producen filtracións de auga, e repararanse humidades en diferentes puntos da instalación. En palabras de Rivas "estas obras mellorarán a calidade das instalacións e das prácticas deportivas que nelas desenvolven os veciñas". Con este último investimento, a Deputación pecha os investimentos que solicitou o Concello de Redondela neste ano 2018. O organismo provincial destinou este ano ao municipio, a través do Plan Concellos, un total de 2.005.212,11 euros, un 72,85 % máis que en 2017.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: