www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 13 de Decembro de 2018

Tres "grafiteiros" causan danos nun tren nas instalacións de Renfe en Redondela
Sucesos • 21/11/2018
Autor: Ana Prieto

A Policía Nacional identificou a tres mozos que causaron diversos danos en trens e vagóns de Renfe. Os axentes localizáronos cando camiñaban pola estrada que une Redondela e Redondela. Levaban canda eles 20 botes de pintura, e segundo a policía os importe dos danos causados ascende a 3.000 euros.


A Policía Nacional identificou a un mozo de 19 anos de idade e outros dous de 20 anos, con domicilio en Vigo e Madrid, aos que se lles interviñeron un gran número de botes de pintura, así como material utilizado para realizar "grafitis". Os feitos tiveron lugar a última hora da tarde do luns, cando recibiron unha chamada na Sala Operativa do 091, na que se informaban que un maquinista de Renfe vira a tres mozos realizando pintadas nun tren. Unha dotación policial que patrullaba pola zona achegouse e deu aviso para poñer en macha un dispositivo de busca. Momentos máis tarde unha dotación policial localizou a tres mozos que coincidían coa descrición camiñando de xeito apresurado pola estrada que une Redondela e Vigo. Tras identificalos e interrogalos os axentes atoparon case 20 botes de pintura, boquillas especiais e outros elementos necesarios para realizar grafitis. Por todo iso procederon a intervir o material, así como a informar aos responsables de Renfe dos trámites a seguir para realizar a correspondente denuncia. Unha vez en Comisaría realizouse unha comprobación das bases de datos e confirmouse que ningún dos mozos contaba con antecedentes policiais.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: