www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 13 de Decembro de 2018

"Síntomas nas demencias", unha charla de AFAGA para axudar aos enfermos e ás familias
Sociedade • 19/11/2018
Autor: Ana Prieto

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias celebra esta tarde un conferencia en Redondela a cargo da psiquiatra Águeda Rojo. O obxectivo desta ONG é formar e informar ás familias para mellorar tanto a calidade de vida dos enfermos como dos seus coidadores. A cita é ás 19.30 horas no Multiúsos da Xunqueira.


O presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez, explica que desde o seu nacemento, a asociación foi creada para levar a cabo unha serie de actividades destinadas a mellorar a calidade de vida dos enfermos de Alzheimer e outras demencias e os seus familiares, así como para ofrecer "información, asesoramento e orientación" a todas as persoas que así o demanden. Dentro do seu programa de actividades celebran esta tarde unha conferencia en Redondela titulada "Síntomas neuropsquiátricos nas demencias", impartida por Águeda Rojo, psiquiatra e coordinadora da Unidade de Psicoxeriatría do EOXI Vigo. Juan Carlos Rodríguez insiste en que as demencias non só son un problema sanitario, senón tamén social, polo que é preciso un servizo "integral" que atenda tanto aos enfermos como ás súas familias e coidadores. Desde AFAGA demandan unha unidade de demencias na área sanitaria de Vigo, que poida ofrecer un diagnóstico precoz, que faga un seguemento dos enfermos e faga unha abordaxe integral da enfermidade. Ao mesmo tempo demanda unha atención tamén desde os servizos sociais "con máis recursos, residencias e centros de días con profesionais especializados nestas enfermidades".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: