www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 13 de Decembro de 2018

A SAR Rodavigo leva o derbi redondelán
Deporte • 19/11/2018
Autor: Ana Prieto

As xogadoras de Elisardo Covelo "Chini" fixéronse co encontro disputado no pavillón de Chapela. O xogo defensivo das redondeláns foi máis efectivo que o das anfitrioas, que aínda non sumaron ningún punto esta temporada. No fútbol, derrota do Choco en Compostela, vitorias para Arcade e Atl. Vilar, empata para Chapela e derrota do Cesantes.


División Honra Prata Feminina


Cíes Chapela 17-26 SAR Rodavigo


As xogadoras de Elisardo Covelo "Chini" fixéronse coa vitoria no encontro disputado no pavillón de Chapela. O xogo defensivo das redondeláns foi máis efectivo que o das anfitrioas, que aínda non sumaron ningún punto esta temporada. O Cíes Chapela non deixa o posto de pechacancelas, mentres que a SAR ocupa a 8ª posición da táboa. Na próxima xornada o Chapela xoga na pista do Cleba e a SAR recibe ao Lanzarote, coas canarias na 6ª praza.


Primeira Nacional Masculina



U. Financiera 30-24 Chapela


Os de Fran Teixeira perderon en Oviedo. O triunfo local empezouse a fraguar na recta final da primeira parte e deixa aos chapeleiros na quinta praza, a tres puntos do seu rival do sábado e do Lalín, que segue terceiro, e que será o conxunto que visite Chapela a próxima fin de semana.


Primeira Autonómica



SAR 24-26 At.Novás


Impúxose o Novás nun encontro moi igualado que deixa aos redondeláns na 4ª praza. Repiten a próxima xornada como locais, reciben ao Seis do Nadal, cos vigueses na parte baixa da táboa.


Fútbol Terceira División


Compostela 4-1 Choco


Un mal comezo dos redondeláns chegoulle ao SD Compostela para impoñerse no partido. O cadro de "Gonza" perdeu por goleada ante un sólido Compostela e continúa sen gañar lonxe de Santa Mariña nesta tempada. Mal partido do Choco, falto de tensión nos primeiros minutos, que aproveitou o conxunto local para facerse co partido case no primeiro cuarto de hora. No minuto 16 o Choco xa perdía por 3-0. Os redondeláns ocupan o posto 13º, e na próxima xornada reciben ao Arousa, que é 6º.


Primeira Autonómica



Arcade 5-1 San Martín


O Arcade sobe na táboa e xa é 10º logo de golear ao S.Martín. Na próxima xornada visitan o campo da Guía, cos vigueses un posto por baixo dos de Soutomaior.


Segunda Autonómica



Progresista 1-3 Atl. Vilar


Excelente resultado para os de Mon Sanromán, que se impuxerona domicilio no campo do Progresista, afundido na parte baixa da táboa. Agora son 9º, e reciben na próxima xoranda ao Vincios, da parte baixa da táboa.


Vilaboa 3-0 Cesantes


Derrota do Cesantes, que aixa á 12ª praza do grupo. E na próxima xornada recibe ao Bueu, da metade alta da táboa.


Terceira Autonómica



Chapela 0-0 S.Roque-Casablanca


Empate sen goles e reparto de puntos. O Chapela xa é 6º. O domingo xoga no campo do Lavadores, cos vigueses un punto por riba.


Fúbol Sala Terceira División


Campito-Estrada, aprazado


Vilalba 3-3 Pazos


O Pazos perde o liderado logo do empate en Vilalba, pero conta cunha xornada menos disputada que Carballiño, que actualmente ocupa a primeira praza con dous puntos máis que os de Fran Amoedo. Na próxima xornada derbi Pazos-Campito.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: