www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 13 de Decembro de 2018

Campaña contra a suba da tarifa eléctrica en Pazos
Política • 16/11/2018
Autor: Ana Prieto

O BNG de Pazos de Borbén celebra esta tarde un acto informativo sobre a suba do prezo da electricidade. Será na Casa da Cultura, ás 20.00 horas, coa participación o deputado por Pontevedra Luis Bará e o responsable local do Bloque, Xurxo Pardo Besadío. Presentarán a campaña contra a suba da luz e haberá unha recollida de sinaturas "para frear esta suba drástica sobre a enerxía que Galicia produce".


Desde o grupo nacionalista explican que en Galicia a luz págase un 31% máis cara que hai oito anos, malia ser a pesar de ser unha comunidade produtora de enerxía eléctrica. No que vai de ano o aumento no recibo é dun 8,6% e Galicia pasará a ser o territorio que pague a factura da luz máis cara do Estado. Desde o BNG defenden a necesidade de cerar "unha tarifa eléctrica propia galega, a eliminación dos suplementos territoriais e unha baixada do IVE do actual 21% ao 4%". Tamén demandan a creación dunha empresa pública galega que integre os encoros que remataron o período de concesión "co fin de garantir a subministración eléctrica a toda a poboación". No acto, hoxe vernes ás 20 horas na Casa da Cultura de Pazos, Bará e Pardo denunciarán "o espolio a Galicia a a través da suba da factura da electricidade no País". Neste acto presentarase a campaña contra a suba da luz e haberá unha recollida de sinaturas "para frear esta suba drástica sobre a


enerxía que Galicia produce".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: